18.10.09

A camisola mnemónica


Conciliar tradición e innovación, creo eu, pode resultar extremadamente positivo en circunstancias como as actuais, cando todo semella estar preparado para o asalto final da tecnoloxía dixital á produción editorial en masa. Ben se ve polos últimos posts deste local que o seu patrón anda preocupado co tema. Por iso, para non perderme no escuro marasmo da permanente hesitación, facendo virtude da desexable equidistancia entre a Biblia de 42 liñas e o estándar Epub, doulle unha a Deus e outra ao demo. Vexan, se non, unha escolma das miñas lecturas dos últimos días.
Fronte á produción en masa, emocióname a énfase que hai cento setenta anos os historiadores do libro facían sobre o prohibitivo da adquisición de libros antes da imprenta. Aí teñen, por exemplo, á condesa de Anjou, no século XV, que dió por una copia de las homilías del obispo Hayman, 200 carneros, 20 fanegas de trigo, 20 de mijo y otras tantas de cebada. É de supoñer que o vendedor das homilias do bo clérigo non tería intolerancia aos cereais. No texto de onde entresaco o admirable amor librorum da devandita patricia, Historia de la imprenta. Trata de su invención, historia primitiva é introduccion en Europa (Barcelona, 1831), o seu autor D. A. Bergnes achega, a respecto da invención da arte de imprimir, un argumento que moi ben puidera aplicarse -ou así o penso eu- ao momento actual de (ao que parece) inminente eclosión do e-book: Es la suerte común de todo descubrimiento prematuro, y de toda invención que se hace bajo circunstancias inoportunas, ya de perecer en el instante mismo de su nacimiento, ya de sobrevivir por algún tiempo luchando con una ecsistencia efímera y precaria. Si el arte de imprimir se hubiera inventado durante las tinieblas más oscuras de los siglos bárbaros, se habría apreciado muy poco su valor é importancia, y hubiera llegado al fin a escarnecerse y olvidarse.
Joaquín Rodríguez, autor de Los futuros del libro, cita o contributo de Patrick Bazin e Bruno Latour Le livre face à l'écran, un objet irremplaçable, presentado ao coloquio O futuro do libro, convocado en febreiro de 2007 polo Centro Nacional do Livro francés. Hai un parágrafo deste traballo que me parece simplemente soberbio: Los libros en papel son un lugar privilegiado de la memoria, un lugar de memoria que permite crear en el imaginario del lector un espacio de representación, un teatro interior; que permite desarrollar el pensamiento del lector como un pensamiento teatral, como un espacio mental en el que se representa lo que el autor ha escrito y que se representa a sí mismo a través de lo que el autor ha escrito. Y eso es así porque los libros poseen unos límites físicos dentro de los cuales la memoria queda fijada: poseen una camisola mnemónica que les dota de estabilidad diacrónica, que delimita su principio y su final; poseen un final o un desenlace que, como un vector que atraviesa el libro, estructura su contenido y lo dota de sentido, como una columna vertebral; poseen una personalidad tipográfica, una personalidad estructural única.
Personalidade única /vs/ estandarización. Un obxecto con límites físicos que coinciden cos límites dos seus contidos /vs/ un obxecto con límites físicos pero ilimitado nos seus contidos. Unha camisola mnemónica (como me gusta a expresión!) /vs/ a asepsia fría dos robots.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Está moi ben iso da coincidencia entre os límites físicos e os dos contidos. Que a cousa teña principio e fin tanxibles. Paradóxicamente, é unha reflexión sen límites. Haberá que aplicarse, a ver que se me acaba ocorrendo.

Juan L. Blanco Valdés dijo...

A reflexión é tan ilimitada como a intelixencia dos reflexionadores. Non, en serio, o tema dá para moito. Mesmo entre o 12 e 13 de novembro hai un simposio no Consello da Cultura Galega sobre o libro dixital e o futuro do libro.

Anónimo dijo...

A ver se os editores tedes máis sorte ca os bibliotecarios, que levan 20 anos falando de "novas tecnoloxías" e "do futuro das bibliotecas". Por algún milagre milagroso, as "novas" tecnoloxías nunca deixan de ser novas e o "futuro", inda que todos o albiscan, non da chegado nin a tiros. A non ser, claro, que o futuro sexa esto. Nese caso habería que dicir aquelo de que para esta viaxe non eran necesarios estes simposios.

Trifón Calderetas dijo...

E non esquezas, benquerido Juan, o que nunha ocasión comentou José, o portugués de Ribatexo : Nunca unha bágoa emborronará un e-mail

juan l. blanco valdés dijo...

En efecto, para tal viaxe mal falta facían estes simposios (e, por riba, tiveron a desfachatez de non convidarme como poñente... habrase visto!). Xa se sabe: vivir na cloaca da Administración.
As bágoas esvaran por riba dos monitores, en efecto, impedindo esborranchar arrebatadas misivas de amor... Bonita imaxe, por Dylan!

Anónimo dijo...

Que non o invitaron ao simposio? A min tampouco! Vaia merda de simposio, dito sexa con tódolos respectos. Se Dylan levantara a cabeza...

Anónimo dijo...

E agora que o di, falando de Dylan... www.myspace.com/thedylansessions
Que lles parece?