21.9.09

O mundo en octosílabos

En Peñaranda del Campo
el día diez de febrero
de mil novecientos veinte
día terrible y funesto,
cerca del arbol del Cuco
hallaron en el paseo
el cuerpo de una mujer
convertido en esqueleto.
El Juzgado las pesquisas
las hizo con gran empeño
y supo que una doncella,
la nieta del tío Penco,
había desaparecido
de su casa de este pueblo.
Días despúes del hallazgo
de aquellos mortales restos
se supo que un muchachito
muy marchoso y jaranero
llamado Pedro García
y del mal nombre el Canelo
se gastaba las pesetas
en un tupi muy flamenco.
Un amigo le pregunta
como tiene aquel dinero
y García le contesta
que es un terrible misterio.
La Policía interviene
con su acreditado celo
y hace confesar al mozo
su brutal crimen horrendo.
A Sinforosa ha forzado
el sátiro deshonesto.
Y como un tigre de Hircania
le quita la vida luego
metiéndole una navaja
por las vértebras del cuello.
La desangra y descuartiza
con arte de carnicero.
Da los pellejos a un gato,
el morcillo da a los perros
y vende los entresijos
a un industrial choricero.

Eu gardo nun recanto remoto da lembranza a un cego recitando romances, un cego que acompañaba a unha compañía de Barrigaverde -nunca se dixo guiñol en Galicia-, un cego que, supoño, debeu para a época un superviviente, o último mohicano do seu xénero. Os barrigaverde actuaban contra a noitiña nunha praza da vila e a xente tiña que levar o asento, quen unha caixa, quen un tallo, quen unha banqueta, quen unha silla, que aínda hai clases. O cego ía declamando, nos seus ripiosos, castrapeiros e mal medidos versos, crimes truculentos, que tiñan grande sucesso entre o respectable. Agora non hai romances de cego porque, entre outras cousas, os cegos son discapacitados visuais que gañan dignamente a vida e maldita a necesidade que teñen de andar como vagamundos facendo de cagarraches a gavillas de moinantes. Onde vai comparar. Agora o cego, que ve de puta madre, actúa nun escenario de dimensións ciclópeas arrodeado da máis sofisiticada tecnoloxía audiovisual para facer crer a quince mil seareiros enlouquecidos que é unha estrela baixada do ceo, tocada de propiedades semidivinas.
Hai perdas irreparables. E por irreparable entendo non teren substituto. E no proceso da perda fica -desaproveitada, maltreita, prostituída- moita inxenua humanidade, ou moita humana inxenuidade, que, segundo se mire, vén a ser máis ou menos o mesmo.

5 comentarios:

paideleo dijo...

Mudan os tempos e desaparecen costumes.
Lin o cantar do cego e gustoume ( esquecendo a truculencia do delito ).
Gracias por aprenderme o de barriga verde.

juan l. blanco valdés dijo...

De nada, alégrome de que o asunto lle agradase. Saúdos.

Anónimo dijo...

Qué bo! Había tempo que non pasaba por aquí, pero segue vostede en plena forma. Os cantares de discapacitados visuais xa nunca serán o mesmo para min.

Juan L. Blanco Valdés dijo...

Celebro que lle gustara. Saúdos.

Miguel Vila dijo...

Agora que estamos en outubro, lembro aquel cego cantor de coplas que de moi neno vin unha vez nas San Lucas de Mondoñedo. Torpe de min, non lle fixen ningún caso, seguramente porque me chamaba máis a atención a a muller barbuda, que anunciaban na carpa ao rente do cego.