30.7.09

Estridencias


Falaba eu de voces no último post. Teimando no asunto, podo dar fe de que oír a Esperanza Aguirre cantando cumpleaños feliz é unha das experiencias máis traumáticas dos meus últimos anos. A cousa leva camiño de converterse nun deses elementos recorrentes e obsesivos dos pesadelos. Aínda estou estremecido.

4 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

E a Rubalcaba, que xa manda a perversidade.

Juan L. Blanco Valdés dijo...

No, si Dios los da... Na Estrada, dos da parte de Vea, que é xente un algo estravajante, dicimos: "Xente de Vea, Dio-la dea", que é como non dicir nada. Pois estes dous, igualito.
Salve, Arume!

Iacobus Von der Stein dijo...

Podería engadir o tarareo do himno española na recepción a Contador. Dame a sensación de que non sabe como sobresaír da medianía mariana do PP.

mOendo do Revés dijo...

Independentemente de que iso nos guste ou non, o certo é que esas "estridencias" callan na poboación menos culta que, a vista dos resultados electorais, ven sendo a ampla maioría.

Son as novas formas que adopta o populismo (non resulta menos estridente o xersei de Evo Morales, a camisa de Hugo Chávez -este tamén canta... e fala máis do que debía-, os sombreiros vaqueiros de moitos outros lideres latinoamericanos,...

Amais, a poboación tende a admirar todo aquilo que un mesmo non é capaz de facer e, entre esas cousas, está o medo ó ridículo que nos coarta a maioría. Esperanza Aguirre non o teme. Así que mentres este tipo de condutas dean votos seguiranse practicando.