A piques de saír zumbando para A Estrada á presentación do volume 10 da revista A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural —que teño a honra de coordinar editorialmente—, e ollando de esguello para a cuberta, reparo na foto que serve de ilustración para este número, o que me convida a unha reflexión ao fío.
Sendo como é A Estrada puxante vila e enorme concello, mundo urbano e rural, núcleo urbano reitor da vida de cincuenta e dúas freguesías, o director da publicación Juan Andrés Fernández Castro e máis eu convimos en ir alternando en cada anuario fotos de tema urbano —a vila e o seu desenvolvemento— e rural —e hai onde elixir—. Para este volume tan senlleiro —alá van dez anos de esforzos e desinteresada ilusión— Juan Andrés elixiu a fermosa instantánea destes cinco pícaros, tirada do fondo fotográfico Celestino Fuentes, hai pouco doado ao Museo Estradense, e do que esta bitácora daba conta días atrás.
Ben pouco podían sospeitar estes nenos da Ulla—mediando os anos cincuenta, íncolas dun universo no que o propio universo era escaso— que a súa vera effigies ía ficar perpetuada na cuberta dunha revista de estudos locais publicada en plena era da hipertecnoloxía e a opulencia, cando eles, de viviren, serán case anciáns. Que mundos tan diferentes o que esta foto reflicte e o de hoxe! Inescrutables, por certo, son os camiños da vida.
4 comentarios:
En primeiro lugar Feliz Aninovo. Estimado Xoán véñenme a memoria, despois de máis de 20 anos que nos coñecemos, esas fotos que teño positivadas no fondo do meu cerebro, cando ti eras un recén licenciado e comezabas a túa vida profesional e intelectual e eu, dunha maneira máis discreta, a miña. Lémbrome desas vivencias intensas, dos nosos esforzos e ilusións nada materiais, sin ordenadores nin móviles. Ben pouco podiamos imaxinar a onde íamos a chegar. E amigo Xoán non fai tanto...só tempo e dous fillos novos, que aínda que llo contes no non creen. Saúdos.
Aurelinho:
Tes boa razón, benquerido amigo. Non hai que ir tanto para atrás para ver como foron mudando as cousas. Pero, facendo un balance xeral, creo que nin ti nin eu temos queixa: o principal, a saúde, e, logo, as ganas de seguir facendo cousas, o entusiasmo, a confianza na boa xente (que a hai, e moita)...
Quen nolo ía dicir!
Grazas polo agarimo e a visita. Feliz ano!!
Juan, soy, manu, ayer no nos despedimos y quería decirte que busco las partituras de un músico romántico galego Marcial del Adfalid y no encuentro nada. Faino por min home, a ver que descubres.
POLICIA LOCA
Manu:
Tes razón, ho, con tantas prisas e saudar a tanta xentiña de noso señor, nin che dixen adeus nin che desexei feliz aninovo a ti e máis a Mon.
Sobre lo de Marcial del Adalid, puedo decirte (porque yo lo tengo y acaso tú también) que el IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais) publicó un CD en la colección "Música clásica galega" o algó así con piezas para piano de don Marcial (con cosas muy agradables, para mi gusto, al lado de otras un poco más vulgares). Inténtalo por ahí.
Otra opción es dirigirle un mail al catedrático de nuestra universidade de Historia de la Música, Carlos Villanueva, indagando a ver si él tiene alguna pista. Su mail es
hamusi77@usc.es.
Saúdos. Corporación Loca.
Publicar un comentario