O catálogo de obxectos intrinsecamente feos, que propoñía elaborar nun post de hai días, vai engrosándose con propostas algunhas delas insospeitadas pero todas moi divertidas. Velaí vai a relación a día de hoxe:
-as zapatillas de casa
-os gorros de ducha
-a roupa interior de algodón
-os zapatos ortopédicos
-as batas de guatiné.
-as bragas maxi que soen regalar as avoas.
-os cans que van movendo a cabeza na bandeixa traseira dos coches.
-os chándals fosforitos.
-un señor dentro dun chándal fosforito nas mañás dos domingos co xornal nunha man e a barriña de pan na outra.
-os tapices eses de caza cos cans, os cabalos, corzos e tipos disfrazados de Cayetano Martínez de Irujo Fitzstweearth e Parma Undergoing.
-as ginetas/raposos disecados enriba do televisor dun bar.
-os tapetes de ganchillo enriba dos televisores, brazos de sofá, mesas camilla…, e xa non digamos os que se usan para vestir as botellas (especialmente de Fundador).
-as figuras de touros con banderillas e folclóricas andaluzas con traxes de faralaes (nunha exquisita gradación que vai do feo ao hortera e do hortera ao kitsch).
-os xerseis para cans.
-as follas de pedimento para tramitar pagos (paradigma da burrocracia universitaria).
Se é certo que un clavo saca outro, abofé que neste curioso muestrario atopará Vde. ideas para novas suxestións . Anímese e deixe a súa cagadiña!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario