13.11.07

Urxencias

Algo no que coincidirá case todo lector/a que acceda a estas páxinas e que teña algún vencello co eido da edición é que unha constante no labor cotián son as présas, mortais inimigas do traballo editorial ben feito. Porque se de algo precisa a construcion dun libro é de calma e adicación, algo, ao que parece, descoñecido no día a día. Todo son presións, apuros, urxencias e agobios, que se traducen na material e sistemática incapacidade de adicar máis de dez minutos ao mesmo choio. Todo é para ayer. Ten un que atender cinco orixinais no tempo que racionalmente debera dar para a cuarta parte de un. Así observado este fenómeno, conclúese o mesmo que pensando nos accidentes de tráfico: o raro é que non haxa máis. En efecto, o prodixioso é que traballando de común nestas condicións non caguemos moitos máis libros, e vaian saíndo como dios manda.
En realidade, nesta fuxida cara adiante que é a vida moderna, creo que isto que digo vale para as circunstancias nas que se desenvolve o traballo de moitos máis gremios ca o editorial. Normalmente, o tipo (ou tipa) que está na posición xerárquica de máxima esixencia é o tipo (ou tipa) que non ten nin puta idea da natureza e dificultades do que está esixindo. Cómo os tipos (ou tipas) máis indocumentados chegan a tales posicións de poder e, no tempo que vivimos, un enigma. Acaso alguén teña unha hipótese. Relacionarase con aquilo de que non hai nada máis ousado ca a ignorancia?
Sexa como for, sinto a necesidade de evocar aquí e agora un par de tres cousas. A primeira e a segunda son reflexións dun vello impresor, sabio e grande amigo: 1) as urxencias sempres están dun so lado, e 2) non hai traballos urxentes: hai encargos tardíos. A terceira é unha frase lapidaria e volteriana, que, a beneficio da miña saúde física e mental, preside en fotocopia o meu despacho: A force de s’occuper des choses urgentes, on oublie les choses essentielles. Persoalmente, teño demasiadas cousas esenciais para perdelas polas urxentes. Agardo (e desexo) que vostede tamén.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ai, amigo Juan Luis, se eu lle contara. Subscribo de tal xeito esa parte do seu post na que se refire ao inexplicable de certos fenómenos de ascenso vertixinoso, na que fala da ignorancia de moitos tipos e tipas que son os que manexan o cotarro e que teñen moita menos idea do que anda entre as mans cós "curritos" mileuristas (os que chegan a selo, que non se dá vostede unha idea, ou si. Non sei se por prudencia ou por covardía, abstéñome de darlle o enderezo do meu lugar de traballo, onde andamos nunha loita tan infructuosa, tan encabronante, porque ninguén entende que o que pedimos é o que debera pertencernos por dereito, por dignidade. Corren malos tempos tamén para dar pasos, xa non digo a maneira de lexión e todos a unha, senon pensando en quen tes ao lado e en quen vén atrás de ti. Corren os peores tempos para a solidaridade. Mágoa, co ben que fai.

juan l. blanco valdés dijo...

En efecto; lembrando a Copini e Golpes Bajos, corren Malos tiempos para la ética. Póñalle Vde. a música, que seguro que a lembra.
P.S. Ética? Que carallo é iso?

Anónimo dijo...

Xa lla poño e aínda así non me gusta como soa. Que é a ética? Hai alguén ético na sala?