25.9.05

Unha suxestión

Internet: navegar en Galicia de Henrique Neira, col. Andel, Xunta de Galicia, 2005.

Ler este libro non leva alén de un par de horas. Moi pouco tempo para o altamente aproveitable da súa lectura. Trátase dun percorrido áxil, ameno e instrutivo sobre a actualidade da rede, formulando e respostando as, aquí nunca mellor dito, FAQS sobre Internet. A perspectiva do autor -Henrique Neira é redactor en El Correo Gallego e persoa comprometida en moitos e variados proxectos culturais- é a do usuario, factor que converte o texto nun libro depurado de toda palabrería hipertecnolóxica e información accesoria e, normalmente, reservada aos « iniciados». Un texto imprescindible para quen se queira facer unha idea rápida (pero moi completa) sobre o que hoxe representa Internet e o inmenso universo das súas posibilidades.

No hay comentarios: