
Sen ánimo de incorrer en odiosas comparacións, o paradigma disto último que argumento é o botellón, prístino contributo hispánico á cultura occidental contemporánea.
A verdade é que nun país onde o pensamento colectivo se rexe dende hai moitos anos non polo vello principio, tan caro ao sentido común, do por qué das cousas senon do por qué non das cousas, todo xénero de disparate ten asento. O botellón era, na súa xénese, unha reunión de catro amiguetes na alameda da vila arredor duns cocacolas e un frasco de Brugal. Nun clima da maior impunidade, a cousa foi medrando, ocupando xardíns públicos, campus universitarios, prazas históricas, bosques semirubanos, paseos marítimos e fluviais, sen que ningún responsable ou mandatario fose quen de poñerlle couto a tempo, pois o tal couto implicaba gravísima lesión á corrección política, segundo a cal a xuventude é un estado semidivino, digno de toda veneración, pois todo o novo é bo, dinámico, atractivo e desexable e todo o vello é malo, caduco, repelente casta. Así pois, nese seráfico estado en que todos (pais, profesores, policías, alcaldes, reitores…) bendicían a dipsomanía colectiva dos mozos nos espazos públicos, os mozos reaxiron, consonte os valores adquiridos: limpar os restos inevitables destas orxías alcólicas cooperativas, tanto directos (bolsas, botellas de cristal e plástico) como indirectos (vomitonas, mexadas, preservativos) é un problema dos maiores, non noso, o noso é divertirnos. E nestas andamos.
A moza que, en idade tan temperá, desexa facer universitario
o seu roliño de manteiga razoa exactamente así, tal e como lle aprendemos, coa
fresca ousadía de quen non ten conciencia do problema pois o problema non é seu
senón da sociedade, que para iso está. Que non teño con quen deixar o neno? Que
mo solucionen, que é ao que estou afeita.
Malo será que, tras saír no parte da noite, o tema non sexa obxecto de debate en dez tertulias, titular de vinte xornais e, mesmo, se monte unha plataforma cívica en defensa dos bebés na universidade, pois, se ben se mira, toda idade para aprender é boa.
Malo será que, tras saír no parte da noite, o tema non sexa obxecto de debate en dez tertulias, titular de vinte xornais e, mesmo, se monte unha plataforma cívica en defensa dos bebés na universidade, pois, se ben se mira, toda idade para aprender é boa.