Recibo vía e-mail un convite para
certa velada poética a celebrar en Campinas, Sao Paulo, Brasil. Sinto esa insoportable levedade, etc, pensando no
muito que gostaria... En fin. Na carta de convite inclúese unha
redondilha, que me deixa estupefacto. Transmite un pensamento lateral, unha desas chispas de xenio poético que leva a preguntar:
como non se me ocorreu antes? Di:
Quando tinha cinco anos
disse a criança de sete
descobrindo a nostálgia.
Poeta é o que conmove. Nin máis nin menos.
1 comentario:
Con eses gustos non vas a ningures na carreira poética, querido Juan, pois o suxeito primeiro da alteridade reflectiva do outro que erixe a nostálxia como suxeito alternativo dunha oralidade pluricoral que ve dende logo na saia de carolina non só un lagarto pintado senón a proxección do elán tendente ao silencio dunha coma ddespois de punto debe sancionar o sentimento do ubi sunt coa pena de ler na profundidade do ego sum pero non son...
Publicar un comentario