"Futuro", "2018", "consternación", "preocupación", "incertidumbre", "desorientación", "división de opiniones", "intervención de los gobiernos", "tres plataformas"... Carallo, amigo Juan, pois si que semella maduro o asunto, si. Se o futuro é xa, estamos jodidos. Para min que este artigo o que di é que o camiño inda é longo. Moi longo.
Non estou de acordo, amigo Juan (que raro! que pesao!). A linguaxe apocalíptica e o inevitable non van necesariamente unidos. En moitas ocasións a linguaxe apocalíptica é froito do medo ou do interese en crealo, e en moitísismas máis ocasións o inevitable chega sen previo aviso. Mire, para min que o que pasa é o que sigue: alguén inventou un aparato que ninguén necesita nin bota en falla ; o que inventou ese aparato que non dá vendido nin pa dios tenta convencer aos máis de que o seu aparato, xa que non é o presente, é o futuro, coa intención de que o futuro se aproxime o máis posible ; aos editores e vendedores de libros éntralles o canguelo ("e se é verdade?" "e se quedo atrás?" "e se no 2018 xa ninguén compra papel?") Vou facer eu de profeta: o libro electrónico non terá éxito ata que o groso dos lectores non sexan nativos dixitais (iso non toca no 2018, coido) e non se vai parecer en nada ao ladrillo ese que tentan vender agora. Pero nada. A diferencia entre o aparato este o que vai facer furor nun futuro (vostede e máis eu seremos xa xubilatas daquela, ao tempo) vai ser similar a que existe entre o comediscos setentero e o ipod nano. Dixen.
Non, non, nada de pesao. É por polemistas como vostede polos que paga a pena ter un blog. Verá: emocióname -en serio- a vehemencia coa que defende a cultura impresa, vehemencia que, no fondo, eu tamén comparto (imaxine: son autor dun recente Manual de edición técnica!, un manual de libros impresos). É posible, moi posible, que, en efecto, a miña visión estea mediatizada polo canguelo de perder o tren, como vostede di, canguelo común a moitos editores, creo. Eu vou facer unha cousa (profesionalmente, digo): aceptar con sensatez e sen perder os papeis o "rodillo" de Google -un rodillo do máis amable, por certo-, estar preparado para o que veña, sen papanatismos pero tampouco sen prexuízos que a ningures conducen. Saúdos.
Non, non se confunda. Non defendo a cultura impresa. Sinceiramente, por min poderían desaparecer tódolos libros impresos do mundo, os pasados (gracias, google) e os futuros. De feito, hoxe en día, eu leo moito máis na pantalla que no papel. O único que digo (e no único que coido que non estamos de acordo) é que non creo que os tempos sexan chegados, que o e-book, hoxe, e polo que respecta á literatura (refírome á narrativa, ao teatro, á poesía) non é máis ca un asustaeditores, e que inda faltan máis de 10 anos para que sexa unha alternativa real ao papel (repito: no eido da literatura).
5 comentarios:
"Futuro", "2018", "consternación", "preocupación", "incertidumbre", "desorientación", "división de opiniones", "intervención de los gobiernos", "tres plataformas"... Carallo, amigo Juan, pois si que semella maduro o asunto, si. Se o futuro é xa, estamos jodidos.
Para min que este artigo o que di é que o camiño inda é longo. Moi longo.
Si, é o tipo de linguaxe apocalíptica que precede ao inevitable.
Non estou de acordo, amigo Juan (que raro! que pesao!). A linguaxe apocalíptica e o inevitable non van necesariamente unidos. En moitas ocasións a linguaxe apocalíptica é froito do medo ou do interese en crealo, e en moitísismas máis ocasións o inevitable chega sen previo aviso.
Mire, para min que o que pasa é o que sigue: alguén inventou un aparato que ninguén necesita nin bota en falla ; o que inventou ese aparato que non dá vendido nin pa dios tenta convencer aos máis de que o seu aparato, xa que non é o presente, é o futuro, coa intención de que o futuro se aproxime o máis posible ; aos editores e vendedores de libros éntralles o canguelo ("e se é verdade?" "e se quedo atrás?" "e se no 2018 xa ninguén compra papel?")
Vou facer eu de profeta: o libro electrónico non terá éxito ata que o groso dos lectores non sexan nativos dixitais (iso non toca no 2018, coido) e non se vai parecer en nada ao ladrillo ese que tentan vender agora. Pero nada. A diferencia entre o aparato este o que vai facer furor nun futuro (vostede e máis eu seremos xa xubilatas daquela, ao tempo) vai ser similar a que existe entre o comediscos setentero e o ipod nano. Dixen.
Non, non, nada de pesao. É por polemistas como vostede polos que paga a pena ter un blog.
Verá: emocióname -en serio- a vehemencia coa que defende a cultura impresa, vehemencia que, no fondo, eu tamén comparto (imaxine: son autor dun recente Manual de edición técnica!, un manual de libros impresos). É posible, moi posible, que, en efecto, a miña visión estea mediatizada polo canguelo de perder o tren, como vostede di, canguelo común a moitos editores, creo. Eu vou facer unha cousa (profesionalmente, digo): aceptar con sensatez e sen perder os papeis o "rodillo" de Google -un rodillo do máis amable, por certo-, estar preparado para o que veña, sen papanatismos pero tampouco sen prexuízos que a ningures conducen. Saúdos.
Non, non se confunda. Non defendo a cultura impresa. Sinceiramente, por min poderían desaparecer tódolos libros impresos do mundo, os pasados (gracias, google) e os futuros. De feito, hoxe en día, eu leo moito máis na pantalla que no papel. O único que digo (e no único que coido que non estamos de acordo) é que non creo que os tempos sexan chegados, que o e-book, hoxe, e polo que respecta á literatura (refírome á narrativa, ao teatro, á poesía) non é máis ca un asustaeditores, e que inda faltan máis de 10 anos para que sexa unha alternativa real ao papel (repito: no eido da literatura).
Publicar un comentario