O bo de ler moito é que sempre se ten a posibilidade -e o conforto- de atopar xente tan intuitivamente intelixente como un mesmo. O cal, como vostede, amiga ou amigo seareiro desta bitácora, debe xa saber ben, é difícil. Ocorre pouco, pero ocorre ao cabo.
Comparen estes dous comentarios sobre o e-book:
Un trebello dixital máis atractivo polas súas potencialidades técnicas ca polos seus contidos. (Juan L. Blanco Valdés, Mouteiras no vento, Fragmentos da Galaxia, , 12.10.09).
Un receptor-continente facilitador del consumo de nuestros contenidos que se acerca a perfiles cuya motivación de acceso no es necesariamente la lectora sino la exploración de las potencialidades tecnológicas del dispositivo (Ana Rubín, Felipe Romero, De cómo la digitalización ayudará al sector editorial a llegar al territorio del gran consumo, Trama & Texturas, 9, 2009, p. 60).
Bueno, e despois desta simpática demostración de que este menda está desprovisto, e vai xa para moito, de avoa, xa anoxa tanto e-book. Prometo, para tranquilidade da minúscula pero selecta parroquia desta humilde casa de comidas, virar o terzo. Aínda non sei cara ónde. Algo sairá.
5 comentarios:
Eis a diferencia entre un receptor-continente e un emisor-incontinente.
Refírese á próstata? Teño un PSA que no se lo salta un torero.
Mecagoentodo, que grima, Sr. Valdés! O outro día preguntáronme por iso na revisión, pero antes de que contestara (que non sei que é iso, confeso) o tipo dixo algo como "ah. Non, non." Mecajinapróstata.
Quedoulle niquelada a referencia do seu post: voulla copiar.
Hai que recoñecer que vostede está out: mire que escribir con claridade!! E sen polisílabos!!
Publicar un comentario