9.5.06

Páxina baldeira


Hoxe participei pola mañán nunha mesa redonda sobre as saídas profesionais da filoloxía e pola tarde no tribunal dun premio literario para estudantes universitarios. Na rolda de preguntas dos estudantes posterior á intervención dos poñentes na mesa houbo, sobre unha corenta persoas, tres preguntas (dúas dunha mesma persoa). O premio declarámolo deserto. Había catro ou cinco orixinais (a Universidade de Santiago ten más de trinta mil estudantes). Xa non é que non tiveran valor literario algún; simplemente atentaban contra a gramática (cando non a ortografía e a puntuación) máis elemental.
Gustaríame non soar tan pesimista e sentirme máis reconciliado con moitos dos valores que considero inmanentes —a creatividade, a participación, o entusiasmo, a ilusión, os mundos imposibles, a lectura, a busca do que non ten nome, nin etiquetas, o desinterese, a entrega— e sobre todo coa súa transmisión e conservación. Pero ao mellor estou errado.

3 comentarios:

torredebabel dijo...

non son quen para escribir neste post (que o meu galego é pior ainda co deses rapaces), pero non está vostede errado. O meu galego ten erros porque é novo e vai mellorar. O deles pode que tamén pero será nun tempo que xa perderon...

juan l. blanco valdés dijo...

Moitas grazas polos comentarios. O seu galego é moi bo!
En calquera caso, é unha cuestión máis fonda cá puramente lingüística. Vexo moita desgana, moito autismo social. Estamos instalados na efemeridade, na falta de esforzo, na ausencia de entusiasmo, e a cultura -como valor inmanente- vive un momento malo.
En fin... De novo, moi obrigado pola visita.

Anónimo dijo...

I'm impressed with your site, very nice graphics!
»