20.4.06

A insoportable levedade do non ser


Chove. O tempo é raro: o solpor é unha quimera porque non hai sol que poñer. Anoitece cando o día é moi moi adulto, vello, e está cheo de mañas. Chegan arreo brétemas que o desdebuxan todo: os sons da alma, as chemineas, as casas e as vidas que acubillan, as lembranzas tépedas do corpo que forzaba á area a se lle acomodar. O arrecendo do verán, aí á volta deste lapso, o buscamos pero o moi jalopín agóchase na auga mansa, lene que deita o ceo, gris, inexistente.
E sinto a levedade insoportable de non ser nada, o que me induce a imaxinarme sobrevivindo no reverso deste serán serodio, case coma un sepulcro, desta cucaña, desta colmea…

O final ten truco. Non é orixinal. Algunha idea?

No hay comentarios: