20.2.06

Menú do día: un pensamento; un fondo musical; o inicio dunha crítica


O pensamento: A vida é coma os libros: non podemos arrincarlle páxinas pero si tirar o libro enteiro.
Nota: o pensamento non é meu. Escoiteino nunha peli o outro día.
O fondo musical: hai ¡¡31 anos!! (aínda Franco andaba jodendo por aquí) que Keith Jarrett gravou en directo o concerto de Colonia (The Köln Concert, ECM). Jarrett -discípulo de Bill Evans e que formou trío co batería Jack deJohnette e o contrabaixista Gary Peacock (casi ná)- é a oídos de hoxe un clásico. E agora a pregunta do millón de dolares. ¿Que é para min un clásico? É clásica unha obra realizada con vontade claramente estética que é susceptible de ser redescuberta/reclasificada/redenominada... cada vez que se disfruta (ve, escoita, toca...). Polo tanto, unha característica asociada a todo clásico é a súa intemporalidade. A xenialidade de Jarrett (como a de todos os clásicos) reside no seu poder de sobrecoller, de premer no nervi que empuxa as bágoas aos ollos. Probade e falamos.
Ah! E outro día falamos de Mozart. É o que toca; o ano pasado era Cervantes e o Quixote. Cando vin nun iogur a mención patrocinador oficial IV centenario don Quijote, pensei "touché: crin que nunca chegaría este momento pero chegou". Así funciona isto. A golpes. Aquí te pillo, aquí te mato. Persoas a quen hai cinco anos lles preguntabas por Frida Kahlo e aventuraban un tímido "¿non era a amante de Hitler?", hoxe botan tres horas baixo a choiva por ver unha exposición súa, e así nos vai. Convén, en momentos de crise, tomar a medicina:

Porque vivimos a golpes
porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos
etc.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ademais, a exposición de Frida, de tanto éxito, era mala de solemnidade.

juan l. blanco valdés dijo...

Obrigado, comentarista anónimo/a (aínda que creo saber quen es). Do meu punto de vista, de non ter sido a muller de Diego Rivera (que si era un pintor xenial), a Frida Kahlo non a coñecían nin en Calo. É un xuízo estético, relacionado coa historia da arte, non machista, que conste.