19.8.07

Piernas fuertes!

Da rocambolesca historia do cidadán de Malí de 27 anos Tony Brascons, atopado preto do pico Veleta, no Mulhacén, a 3 200 m de altitude en camiseta, vaqueiros e chanclas ―historia tras a que de certo ocúltase unha peripecia tráxica e nada orixinal de despousimento e desesperada busca dunha vida mellor―, recollo o fundamento dunha ficción irónica, tal vez non de todo certa, pero acaso aproximada ao que vostede mesmo garda no acervo da súa experiencia. É a imaxe dun grupo de "expertos montañeiros" dunha cidade calquera, poñamos na vida real un odontólogo, unha profesora titular de dereito mercantil, un informático e a administrativa dunha empresa e os rapaces, case adolescentes, das dúas parellas, provistos todos eles do equipo de última xeración (botas de gore-tex, sticks de trekking-media montaña, chubasqueiros de verán, gafas de sol con protección especial anti UVA, gorros lixeiros, luvas especiais, mochilas ergonómicas, cantimploras, alimentación hipercalórica polo que poida pasar, bebidas isotónicas… e demais atrezzo), equipo adquirido a conciencia, e contra a entrega dun pastón, en Decathlon, Coronel Tapioca e tendas especializadas El Corte Inglés. Están a 3 200 m, nin máis nin menos a pouco menos de 200 da cota máis alta da península Ibérica, sentindo o lexítimo orgullo do obxectivo conseguido tras o esforzo, a perfecta comuñón ―¡tan esquecida por mor da vida moderna!― coa natureza. Seguramente leven as cámaras dixitais a rebentar de instantáneas da modesta, pero meritoria proeza. Custou pero pagou a pena. Algo para contar aos amigos, non cabe dúbida.
E nisto ven aparecer a un mozo de color, en jeans, camiseta e chanclas, que, como manifestación do seu perfecto estado físico e da súa limitación idiomática, repite de moi bo humor ¡Piernas fuertes, piernas fuertes! E pensar que Hitler cría que eran inferiores!
Nunha aldea cercana ao meu pueblo había un gicho que ría moito dos pescadores de cidade provistos de botas ata a cintura e cañas parabólicas de localización ictiolóxica axial. El, cun pouco de tanza enrolada nun cacho de madeira e cebo vivo, enchía o corbe de troitas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hai un par de anos iba eu (38 anos, forma física razoable) coma un foguete monte arriba tratando de chegar á "laguna negra" na popular ruta de sendeirismo da serra de Cazorla. Era outubro e o tempo atmosférico pintaba mal (o tempo cronolóxico tamén xa que a miña dona esperaba no coche e eu tiña que chegar arriba, facer a foto de rigor e baixar de novo). Na metade da ruta (1 hora e media) escomenzou a chover, ademáis eu iba para arriba e os nubarróns en sentido contrario, cando nos atopamos a visibilidade era case que nula. O sendeiro era tortuoso e revirado. En realidade eu estaba empapado e sufrindo. En dúas horas non atopei a ninguén na montaña. De súpeto, cando estaba a piques de tirar a toalla vexo a un vello, logo a un segundo e detrás a un grupo de xubilados e xubiladas ataviados con plásticos de cores para protexerse da choiva. Baixaban polo barranco cunha axilidade envidiable. Non é coña pero a media de idade desta xente rondaba os 70 anos, poderían ser extraterrestes pero eran norteamericanos. Co meu inglés de academia local pregunteille a un deles ¿How does the does the journey takes from here to the lake? - quarter of an hour but you have to go across the narrow tunnels- respondeume sorrindo.
Meu deus, si estos vexestorios ianquis chegaron ata a laguna eu non podo ser menos.
A choiva arreciaba, os túneles eran realmente "narrow" e eu estaba esgotado. Dei media volta rendido e como costa abaixo todolos santos axudan, adiantei ó grupo. No aparcamento da estrada había un autocar esperando ós "excursionistas". Para min foron como "piernas fuertes" o cidadán de malí no pico Veleta. O ano pasado intenteino de novo, esta vez un día soleado e consegúin chegar ó obxetivo. A laguna tiña unha beleza extraordinaria na tarde outoñal Espero poder intentalo de novo con 70 anos.