Un bo amigo, mellor profesional e asiduo destas páxinas, agasállame con este documento bibliohistórico, que non pode senón xerar universal contento en tanto erudito como por estes fragmentos menudea. Obrigado, Pedro! Outros usos se nos ocorrerán para tan impagable testemuño doutros tempos.
Tomo ferias dende unha fermosa vila da Costa da Morte, dende onde me permito enviar desexos de rest & relaxation (magnífico invento anglosaxón, by Jove!) a todos os amigos desta bitácora. Wir sehen uns!
2 comentarios:
Outros tempos corrían, sen dúbida!
Curioso documento, deses que poñen a unha ao día de como mudaron os tempos...
Non sei se vostede tivo o gusto de ver a cerimonia de inauguración dos XX.OO. de Beijin (non vou entrar en debates sobre a conveniencia de boicotearlle semellante alarde, conveniencia que eu consierei máis que oportuna no seu día). Eu lembreime de vostede cando vin o espectáculo dos tipos móbiles baixo os que se agochaban seres humanos. Foi, coma case todo, formidable.
Siga vostede gozando dunha marabillosas vacacións neste outono galaico.
Non, amiga querida, a verdade é que este rollo dos XX.OO. ponme máis ben pouco, e por riba nun país que esnaquiza os máis elementais dereitos. Eu bromeo cos meus nenos dicíndolles que é natural que os chinos leven tal cantidade de medallas pois a quen non saque algunha o executan...
Sobre as representacións escénicas acerca da evolución do papel, a escritura, a litografía, etc. hai que ter en conta, en efecto, que os chinos son os pais do invento. A xenialidade do amigo Gutenberg foi fundir -ou mellor, refundir- en único crisol habelencias e técnicas moi antigas e, por así dicir, reinventalas baixo a funcionalidade total: tipos móbiles e, sobre todo, reutilizables.
Grazas polas súas saudades e saúdos. Eu, a seguir no chinchorro.
Publicar un comentario