tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post7353991889867153729..comments2023-09-27T06:42:01.050-07:00Comments on fragmentos da galaxia: Don Leopoldojuan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-28689407953940918332008-05-06T08:34:00.000-07:002008-05-06T08:34:00.000-07:00O razoamento de Arume, que se escoita estes días e...O razoamento de Arume, que se escoita estes días entre persoas de siso, apunta, en efecto, á necrofilia (social, política, cultural) imperante no país. Dá a sensación de non existir maior mérito ca palmala para que todo sexan honras, oropeis e bo rollito, cando en vida (cfr. o caso palmario de Blanco Amor vivindo da caridade dos frades de Poio) ahí te pudras. Como moi ben tercia a amiga galaica, a morte enxalza as virtudes e exclúe os defectos, ben que hai tipos que nin así (penso, por poñer un caso, en Pinochet ou Videla). Ora, conforme pide o amigo Api, a morte é, como privación do ben absoluto que é a vida, algo moi serio e que impón todos os respectos. Por certo, malia non o ter coñecido persoalmente, se non me traizoa a memoria, creo que unha vez lle pedín un informe a Bouzada para un libro que editamos. Era, de certo, persoa cabal e boa xente, tal como o recordo. R.I.P.
Nota: en calquera caso, non pretendía coa glosa de Calvo Sotelo posicionarme nin posicionar o finado nunha focaxe social, nin política, nin sociopolítica, senón apenas testemuñar, dende a miña persoal perspectiva (máis estética, subxectiva e literaria ca outra cousa).
Saúdos.juan l. blanco valdéshttps://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-19904838451965662042008-05-06T08:07:00.000-07:002008-05-06T08:07:00.000-07:00Eu tendo a ser comprensivo e xeneroso cos que morr...Eu tendo a ser comprensivo e xeneroso cos que morren porque algún día hei morrer eu, e tamén me gustaría que fosen comprensivos e xenerosos comigo.

Un saúdo.

P.S.: Hoxe a estas horas estarase a celebrar o funeral de Xan Bouzada, sociólogo e profesor da Universidade de Vigo, que era persoa cabal e boa xente (e, neste caso, non o digo por xenerosidade nin por ser compresivo).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-30930915080489503252008-05-06T03:07:00.000-07:002008-05-06T03:07:00.000-07:00Eu case me vou abster de falar das figuras que tra...Eu case me vou abster de falar das figuras que transitaron a transición non transitada, ou a medio transitar.
A morte é paradóxicamente xenerosa, pois enxalza as virtudes e exclúe os defectos. E no peor dos casos, obvia as consideracións menos afables.
Coincido con Juan Luis en que non me caía especialmente mal. Claro, eu era unha nena e el un señor moi moi serio ao que non podo evitar ver en branco e negro.
Toucoulle ser o primeiro presidente da democracia en deixar este mundo, aínda que ese lugar máis xustamente correspóndelle a Suárez que hai tempo que non sente, mais seguro que padece, e moito.
Requiescat in pace, en todo caso.donagalaicahttps://www.blogger.com/profile/05635627990282180744noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-21753854987901762412008-05-05T15:02:00.000-07:002008-05-05T15:02:00.000-07:00Por fin unha glosa de don Leopoldo tal e como o pe...Por fin unha glosa de don Leopoldo tal e como o pensabamos naqueles tempos. Non sei se é bo seguir ancorados naquela perspectiva, pero, diante de tanta mudanza, agradécese coincidir con alguén. O tipo aquel (con todos os respectos para un home que recibe unánimes honores de estado) non o aturaba ninguén e agora resulta que foi o máximo da discreción e do estadismo. Con Suárez, de maior envergadura, pasou o mesmo: os tipos que o levaron ao abismo agora mesmo o ensalzan. Eu non vou dicir que merecía o abismo, pero a impresión daquela época algo ha valer. En todo caso, aí están as hemerotecas para lembralo.Anonymousnoreply@blogger.com