tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post6644009924880863675..comments2023-09-27T06:42:01.050-07:00Comments on fragmentos da galaxia: Greguerías, autoestradas, paronimia, sector terciariojuan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comBlogger10125tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-11803662570166155392009-03-17T06:37:00.000-07:002009-03-17T06:37:00.000-07:00Moi bo e ilustrativo!! Tomo boa nota.Moi bo e ilustrativo!! Tomo boa nota.juan l. blanco valdéshttps://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-87163169792661334532009-03-16T01:56:00.000-07:002009-03-16T01:56:00.000-07:00É que o da autonomía, como moitas outras cousas, e...É que o da autonomía, como moitas outras cousas, está moi ben na teoría, pero a práctica é outra cousa. Se algunha cousa teño aprendido nos anos que levo de pai, é que cada neno e cada pai somos un mundo, e que a teoría vale (e moito) ata onde chega, nin un centímetro máis aló.
Hai un chiste que sempre ven na miña axuda nestes casos nos que a teoría pedagóxica choca coa realidade do día a día: un pequeno está no super montando un cristo impresionante, cando chega un tipo e lle di ao pai: "se fora o meu fillo metíalle unha hostia que o puña a andar"; e contéstalle o pai do neno en cuestión: "xa che digo! eu, se fora o teu, inda lle metía dúas"Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-60016149775395136772009-03-13T08:58:00.000-07:002009-03-13T08:58:00.000-07:00Aí lle doe amigo!! Creo que a súa última pregunta ...Aí lle doe amigo!! Creo que a súa última pregunta resume moi ben o problema. Que fago? Reconstrúo coa miña actitude crítica o sistema, consonte o que creo que debe facerse e dígolle ao neno "Hala, agora a estudar ti soíño", ou me amoldo a el, cedo ao "rodillo" e boto toda a finde estudando co cativo? De momento, o camiño pragmático é o que se impón, o cal, como comenta Apicultor, en efecto perpetúa un sistema no que se anula a autonomía dos rapaces.Juan L. Blanco Valdéshttps://www.blogger.com/profile/02023534300611713927noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-84183803346868678502009-03-13T08:55:00.000-07:002009-03-13T08:55:00.000-07:00Este comentario ha sido eliminado por el autor.Juan L. Blanco Valdéshttps://www.blogger.com/profile/02023534300611713927noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-43364886238135223782009-03-13T06:05:00.000-07:002009-03-13T06:05:00.000-07:00A min tamén me parece moi razoable o que di apicul...A min tamén me parece moi razoable o que di apicultor, pero teño dúbidas coido que igualmente razoables.
Cal son as "directrices básicas" e quén as marca? Cando podemos considerar que a intervención é só "puntual"?
E o máis importante: se o sistema non funciona (o rapaz é moi autónomo, si, pero inda así non aproba) qué fago? Déixoo estar ou paso a fin de semana estudando con el?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-29507658818133561542009-03-11T10:16:00.000-07:002009-03-11T10:16:00.000-07:00O manual de lingua galega da miña filla de oito an...O manual de lingua galega da miña filla de oito anos ten grallas ortográficas, sintácticas, semánticas, estilísticas.

Nin que o redixise eu.

Alén diso, esquecía, non está escrito en galego. Parece castellano pasado para galego por Hal 9000.

Saúdos.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-11052181173228211942009-03-10T09:29:00.000-07:002009-03-10T09:29:00.000-07:00Deixando de lado, en efecto, calidades dun texto a...Deixando de lado, en efecto, calidades dun texto a outro (o quemutatis mutandis sempre sucedeu), o comentario de Api paréceme moi oportuno. Non lembro ter estudado nunca cos meus pais máis que, coa miña nai, nos primeiros compases da miña andaina (supoño que nos niveis máis básicos da primaria, onde tal axuda é imprescindible). É posible que, tal como apunta Apicultor, isto de botar un fin de semana enteiro (sic) estudando cos nenos sexa unha mostra máis de sobreprotección, e non moi positiva precisamente. O caso é que, falando de autonomía, eu aos meus, sobre todo ao maior, non lles percibo esa autonomía que, calculo, eu debía ter cando tiña os seus anos (por volta do terceiro ou cuarto curso do antigo bacharelato de seis cursos e COU). Pero, ao mellor, o paso do tempo empaña a lembranza. Do que si podo dar fe é de que non é un problema meu, senón común a todos os pais da miña quinta (polo que, deduzo, algunha razón "sistemática" debe haber, non?).
Sobre qué cousas se encerella o bo amigo Arume, esta casa está aberta a todo xénero de fanatismos, como é ben sabido.
Saúdos.Juan L. Blanco Valdéshttps://www.blogger.com/profile/02023534300611713927noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-70114474803324660552009-03-10T01:48:00.000-07:002009-03-10T01:48:00.000-07:00Este Arume sempre encerellando ca política.Este Arume sempre encerellando ca política.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-84346190758418051912009-03-08T09:46:00.000-07:002009-03-08T09:46:00.000-07:00Será que Juanpe entendeu bens como algo bó: se non...Será que Juanpe entendeu bens como algo bó: se non fan bens, farán males. A homonimia, amigo don Juan.
Sobre que sexan malos ou bós, eu coñezo ben os de literatura. Ben sabe vostede o tempo que hai que se desmontou nas aulas universitarias a vella dicotomía culteranismo/conceptismo. Pois ben: bótelle un vistazo ao tema correspondiente. Aí aparecerá: como o pacto de goberno bipartito en Vigo (o único caso de grupo abeliano non conmutativo): vivito y coleando.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-25538392237793214332009-03-08T08:18:00.000-07:002009-03-08T08:18:00.000-07:00Os libros de texto van de pasables a malos (con in...Os libros de texto van de pasables a malos (con independencia da lingua na que estean escritos). Perfecto, ningún. Inevitable.

Non é por meterse en camisas de once varas, mais din os que saben disto que teñen que ser os rapaces os que, a partir dunhas directrices básicas, deben aprender por si mesmos a estudar, como xeito de acadar a súa propia autonomía. Os pais deben intervir só moi puntualmente, pero nunca ter como hábito "estudar cos fillos", que no fondo vén ser unha mostra máis de sobreprotección. Xa sei que unha cousa é a teoría e outra a realidade concreta de cada quen neste mundo do señor, pero ese seica é o desideratum. A min paréceme válido.Anonymousnoreply@blogger.com