tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post5893310955528466067..comments2023-09-27T06:42:01.050-07:00Comments on fragmentos da galaxia: Letras de lixojuan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comBlogger8125tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-11796619222142475522008-11-27T11:44:00.000-08:002008-11-27T11:44:00.000-08:00Gran verdade. Non se pode estar a todo.Gran verdade. Non se pode estar a todo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-20943664295591873002008-11-25T06:56:00.000-08:002008-11-25T06:56:00.000-08:00Eu creo que a fórmula, por orde de importancia é a...Eu creo que a fórmula, por orde de importancia é a seguinte: horas e horas + oficio + talento. O último, sen os dous primeiros factores, non vale para nada, pero se os acompaña está de p.m.

Grazas polo consello, pero polo que respecta á guitarra non dispoño de horas suficientes, o meu oficio é escaso e o talento (musical) hai tempo que se perdeu nunha esquina. Doutros asuntos fóra dos estritamente musicais, non me queixo. E é que non se pode estar a todo!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-31073344519713646812008-11-25T01:27:00.000-08:002008-11-25T01:27:00.000-08:00Sr. ApicultorHoras e horas. Oficio. Fágalle caso a...Sr. Apicultor

Horas e horas. Oficio. Fágalle caso ao Sr. Valdés e esqueza o talento. Décatese de que moitas veces, detrás dese recoñecemento da necesidade dese algo inaprensible ao que chama talento, hai a necesidade de buscar unha disculpa que tape a falla de disciplina, vontade e capacidade de sufrimento necesarias para adicarlle esas horas e ese esforzo ao instrumento. Eu seino perfectamente. Do talento, no caso de que exista tal cousa, non se preocupe: se o ten hai vai estar cando chegue o oficio. Este, ao contrario, teno que ir buscar vostede. Por máis talento que teña.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-17958851155229882202008-11-24T12:09:00.000-08:002008-11-24T12:09:00.000-08:00Eu tamén teño unha Ovation electroacústica como a ...Eu tamén teño unha Ovation electroacústica como a súa, amigo Juan Luis. E o meu problema non é só de carencia de oficio e de falta de horas, senón, ai!, de nulo talento. Daquela, non sei se dedicarme á papiroflexia de nivel elemental.

Saúdos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-22204065849301471862008-11-24T12:04:00.000-08:002008-11-24T12:04:00.000-08:00Oficio e horas, certamente. Mais tamén hai algo in...Oficio e horas, certamente. Mais tamén hai algo inaprensible que debería acompañar e que se ten ou non se ten. Trátase de algo moi escaso e chámase talento (ai!).

Saúdos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-62368861602608107202008-11-24T09:13:00.000-08:002008-11-24T09:13:00.000-08:00Oficio e horas, amigos Landoa e anónimo, oficio e ...Oficio e horas, amigos Landoa e anónimo, oficio e horas: na música, na escrita, na reflexión, na cociña, no bricolaxe... no que se queira. A tecnoloxía, en efecto, está ben, está cojonuda, pero cunha base de coñecemento previo non tecnolóxico, senón simplemente humano, senón se queda niso: na stratocaster ou no mellor baixo Ibanez, pero sen dedos, sensibilidade, equilibrio, gusto, imaxinación, forza... O que define ao músico de caste. Ao mellor que eu cheguei en moitos anos tocando a batería (o meu último grupo foi Stereo Clan, hai disto xa ben anos) foi a unha Tama Imperial de segunda man. No caso da guitarra empecei con doce ou trece anos cunha española medio rompida dun irmán e cheguei na actualidade a unha Ibanez de catrocentos euros e unha Ovation acústica de fibra de carbono que sona que te cagas (regalada por un supercolega). Agora, creo, comézase a casa polas fiestras.
Oficio e horas: non hai máis receita. E é duro, moi duro poñela en práctica todos os días. Lembro unha entrevista con Paco de Lucía na que o xenial guitarrista contaba que, de neno, mentres os seus coleguillas xogaban no barrio el botaba horar e horas co seu pai tocando a guitarra ata lle doeren os dedos e non poder movelos dos calambres e a pel das xemas despelexada.
Picasso deixou dito que a el as musas sempre o pillaban traballando.
Saúdos.juan l. blanco valdéshttps://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-38384313530225664972008-11-24T01:10:00.000-08:002008-11-24T01:10:00.000-08:00A facilidade que dan as novas tecnoloxías (algunha...A facilidade que dan as novas tecnoloxías (algunhas xa non tan novas) sumada á súa cada vez meirande accesibilidade, teñen unha influencia nas artes (nas aplicadas tamén) cada vez maior. Por algunha razón o feito de ter unha cámara dixital (xa sabes, tiras 500 fotos, malo será que non saia unha boa) dános máis confianza ca unha reflex analóxica: pasamos de que só un 20% da poboación fora quen de quitar algunha foto decente a que calquera sexa fotógrafo semi-profesioal. Non falemos do fotoxó. Agora, quen nunca se atreveu a facer nin un collage, colle o corel e faiche a cartelería enteira do Froiz. E así todo. E non está mal, paréceme ben que cada quen se divirta e aforre como quera, pero a tecnoloxía non pode cegarnos diante das nosas limitacións.
Participei esta fin de semana nun concerto de música rock. Afeccioados con moitas gañas e ilusión, pero afeccioados. Os equipos e instrumentos, non: profesionais. Algúns, entre guitarra e amplificación, compraban un coche. Cada un dos grupos tiñamos mesa de mezclas (algunha dixital), amplificación de entre 500-1000 w., microfonía (algún inalámbrico), pedaleras, etc... Viva la vida loca! A calidade media dos grupos, suficiente (sendo moi bo e xeneroso e tendo en conta que somos afeccioados). O comportamento da meirante parte dos músicos: profesional, moi profesional. Teñen que tocar co seu equipo, porque o coñecen e ao mellor se tocan con outro pois vanse perder eses matices que tanto costou acadar (en realidade son problemas de non ter nin puta idea de tocar: a un bo baterista daslle unha caixa de zapatos e fai música. Non é necesario chegar a tal extremo. É para que se me entenda). Claro, un non gasta 6000 eurazos para que un técnico de son (por certo o único profesional alí) lle estrague o son da Stratocaster ("americana, claro, que as que fabrican en Taiwan, teñen un son moito máis, non sei como explicalo, pero máis algo, que o lin nunha revista"). Que non teñas nin puta idea de tocar é o de menos. Tes un baixo de puta madre e iso é o que conta.
Veredes que nuns poucos anos todos teremos nas nosas cociñas esferificadores, caramelizadores, nitróxeno líquido e calibres, e que ninguén se vai cortar de deconstruir unhas lentellas. Coma no Bulli.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-13247073852016522222008-11-23T10:04:00.000-08:002008-11-23T10:04:00.000-08:00Ao mellor son seguidores de Jules Renard algúns do...Ao mellor son seguidores de Jules Renard algúns dos deostados/as por vostede nesta anotación. A frase que tanto comprace a Vila-Matas, xa sabe: "On se dégoûte de bien écrire", que en tradución simultánea para a radio diría que xa chegou de gramática e de bo gusto. Pero ca, non é iso. O que non hai é a fundamental asociación de dous condimentos: oficio e horas. Non cre, amigo meu?Anonymousnoreply@blogger.com