tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post1489425655906614380..comments2023-09-27T06:42:01.050-07:00Comments on fragmentos da galaxia: Anderson+Barrejuan l. blanco valdéshttp://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comBlogger15125tag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-1600782303182786262009-01-07T14:43:00.000-08:002009-01-07T14:43:00.000-08:00A min paréceme chévere e marabilloso e fashion que...A min paréceme chévere e marabilloso e fashion que don Juan tivese subido o post sobre os Jethro Tull.
Coincido con el en todo.
E adoro a saudade, porque me axuda a vivir, como dicían os Pink Floyd, confortablemente insensible e sen compromiso co 'real'.
E continúo: O comentario das 4/46 é fabuloso. Tomara para min esa inspiración.
Cos meus cumprimentos para don Juan e para o Anónimo.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-37001785174348646962009-01-07T13:08:00.000-08:002009-01-07T13:08:00.000-08:00Sr. ValdésGracias, pero non me expresei con correc...Sr. Valdés
Gracias, pero non me expresei con corrección. Deixeime levar. Vexo no seu post post erior (no chiste non, no seguinte), que o meu comentario fixo sangue. Ben é certo que estamos aquí para polemizar e mover neuronas, pero non se me preocupen, oh! Inda que estean pasados e sexan uns cuarentóns eu quéroos igual!
En canto ao da morriña deume a impresión de que renegaba vostede do ton saudosista que o de Lobeira detectara no seu post.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-32704765826548128892009-01-07T13:02:00.000-08:002009-01-07T13:02:00.000-08:00Non tal, Vanessiña!Non tal, Vanessiña!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-9409114801272406742009-01-07T09:10:00.000-08:002009-01-07T09:10:00.000-08:00O anónimo das 4:46 AM é GODO anónimo das 4:46 AM é GODAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-67709054150971032972009-01-07T07:49:00.000-08:002009-01-07T07:49:00.000-08:00Amigo anónimo:Non facían falta, creo eu, as descul...Amigo anónimo:

Non facían falta, creo eu, as desculpas nin na miña intención, nin sequera implícita, estaba pedilas: malia que con viveza, exprésase vostede sempre con absoluta corrección. Outra cousa é que as súas opinións poidan resultar molestas ou mesmo ferintes para alguén, pero iso está no xogo, lícito e limpo, de opinar con liberdade.
Verbo da morriña, eu non renego dela, como non renego dos meus mellores amigos, da miña familia: a morriña é para min unha eterna compañeira, unha sorte de deus lar, un demo familiar. E hai unha saudade creativa, positiva (á que non penso renunciar nunca) -que é motor e estímulo de moitos posts deste caderno- e outra mala, negativa, paralizante, que está a un paso do síndrome depresivo.
Acerca do Nadal, en concreto, volvín a descubrir as delicias do recollemento e o fogar (iso que os alemáns chaman, en vocábulo intraducible, Gemütlichkeit, e que ten que ver, por exemplo, co lume dunha boa cheminea nunha cabana de montaña na noite xélida)cando, no canto de vela cos meus propios ollos, comecei a contemplala cos ollos, mestos de ilusión e agrado, dos meus pequenos.
Saúdos e grazas polo afecto e consideración.juan l. blanco valdéshttps://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-17327108627922945842009-01-07T04:46:00.000-08:002009-01-07T04:46:00.000-08:00Sr. ValdésXa me disculpei no post anterior. Agora ...Sr. Valdés
Xa me disculpei no post anterior. Agora voume meter noutro fregado neste.
Por qué renegamos da morriña (como da familia e do Nadal) se todos nos deixamos caer nos seus brazos (como nos da familia e nos do Nadal)?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-59053694171203138802009-01-06T03:25:00.000-08:002009-01-06T03:25:00.000-08:00Amigo Medela, tenme que perdoar pero estoulle apl...Amigo Medela, tenme que perdoar pero estoulle aplicado en face-las listas de Lugo, e non teño tempo para falar da prehistoria.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-39478999384271666612009-01-05T11:45:00.000-08:002009-01-05T11:45:00.000-08:00Von der Stein: Que opina Vde. dos 'The Kinks'??E d...Von der Stein: Que opina Vde. dos 'The Kinks'??
E dos 'Yardbirds'?
Saúdos.-Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-6504162728627011642009-01-05T11:21:00.000-08:002009-01-05T11:21:00.000-08:00Sabían vostedes, que me parece que son moi novos, ...Sabían vostedes, que me parece que son moi novos, que o Aqualung de Jethro Tull, estivo proibido en España.
Máis cousas do grupo de Ian Anderson. Cando eran famosos en Francia, Alemaña, Italia e un pouco en España eran casi completamente descoñecidos en England.
Fenómeno normal naquel país, que xa lles pasou cos primeiros Beatles e anos máis tarde con Police.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-70288343882232610312009-01-05T06:03:00.000-08:002009-01-05T06:03:00.000-08:00Don Juan, a min tamén me aconteceu o mesmo con "El...Don Juan, a min tamén me aconteceu o mesmo con "Eleanor Rigby" e con "Neverland", dos Marillion.
A miña filla tenlle oito anos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-67835667729671018922009-01-05T03:39:00.000-08:002009-01-05T03:39:00.000-08:00É evidente que cando un emite unha opinión ou enun...É evidente que cando un emite unha opinión ou enuncia un argumento, esa opinión ou argumento deixan de ser só de quen os emite ou enuncia e comezan a ser, inevitablemente, de quen os recibe. De xeito tal, un quixera ser entendido tal e como el mesmo se entende, pero, como é lóxico, a cousa non funciona así. En fin, con todo este galimatías quero dicir que non me gustaría (ollo: non me gustaría, outra cousa é que o que aconteza na realidade) converter estas páxinas nunha sorte de "clube dos poetas moribundos" dirixido a destilar entre cuarentones -como di o amigo anónimo no comentario ao post anterior- saudades dos vellos tempos e evocar melancolías de mocidade, ai!, tan breve e lonxana. Supoño que, como dicía o "atracador" da sen igual peli de Forqué, en bajito, yo también tengo mi público, porque, claro, un escribe para quen escribe e pretender que esta bitácora sexa do gusto dun teenager é pedirlle as pereiras que dean melocotóns. Pero -malia que por veces o ton poida resultar saudosista- nunca escribo dende unha nostalxia fáustica, senón dende o convencemento de que, como era o caso deste post, hai cousas -libros, autores, músicos, elepés, bandas...- que non están asociadas indisolublemente a unha época nin a unha circunstancia concreta: a plasticidade infinita dos clásicos. Se evoco a Jethro Tull non é por solicitar implicitamente do demo o elixir da mocidade eterna (vivo cojonudamente reconciliado cunha esplendorosa madurez..., je, je), senón máis ben por todo o contrario: actualizar aquela música nun contexto radicalmente diferente. Porque a calidade non sabe de épocas. Unha vez no coche houben de poñer ata catro veces seguidas We can work it out por solicitude dos meus fillos (daquela, doce e oito anos). Saúdos.juan l. blanco valdéshttps://www.blogger.com/profile/09886157421866650952noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-67007881769305706662009-01-04T16:13:00.000-08:002009-01-04T16:13:00.000-08:00Mais sempre permanecerá na memoria aquel Ian Ander...Mais sempre permanecerá na memoria aquel Ian Anderson, de longas guedellas e barbas e expresión un tanto alucinada, dobrando a perna cada vez que se achegaba ao micro para tocar a frauta travesera.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-51793873964971166452009-01-04T15:55:00.000-08:002009-01-04T15:55:00.000-08:00Hai moitos anos, demasiados, que non escoito rock ...Hai moitos anos, demasiados, que non escoito rock sinfónico. Lembro, por exemplo, os "excesos" de Emerson, Lake & Palmer, ou a Gibson Les Paul Custon de Robert Fripp distorsionada ao bordo da desesperación. Non sei se resistiron ben o paso do tempo. Felizmente xa non gardo aquelas fitas de cassete, das que fala Medela, para comprobalo.

Saúdos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-26344047712219584692009-01-04T12:18:00.000-08:002009-01-04T12:18:00.000-08:00Contoume o outro día un colega de fatigas que lle ...Contoume o outro día un colega de fatigas que lle contaba el á súa vez a un amigo que roza os 30 o do seu casete mono e do que lle costara atopar outro para gravar unha cinta poñendo un casete diante do outro, un en rec e outro en play. Mítico. O tipo non daba creto. Ríase e non sabía se lle falaba en broma ou en serio.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-17101091.post-5176371278600666682009-01-04T10:47:00.000-08:002009-01-04T10:47:00.000-08:00Boa e angustiante tarde de domingo, don Juan: Esti...Boa e angustiante tarde de domingo, don Juan: Estiven a ler o seu magnífico post sobre rock sinfónico.
Saudosa frase "Cando, con doce ou trece anos, escoitei por vez primeira Aqualung, mentres me deixaba engaiolar polo soprendente deseño externo do álbum e escudriñaba a insondable expresión de maldade...", que me recorda que por esa altura eu tamén comezaba a dexergar a existencia dos ELP ('Tarkus'), dos Camel ('Mirage'), dos Jethro Tull ('Thick as a brick').
Agora, grazas a youtube, relacionamos esas músicas cos veráns irresponsábeis e eternos, alá no noso principio do mundo, en Lobeira.
Lembro tamén o radiocassette Sanyo monoaural, apoiado na sebe de pedra, acompañando a miña avoa, que andaba a regar no millo, en canto un servidor escoitaba as fitas dos referidos grupos.
As mozas que por alí andaban, solicitaban insistentemente a emisora... Si... EAJ... Radio Orense... La Voz del Miño... Non lle sei, don Juan, aquela emisora onde pasaban as radionovelas, e talvez as necroloxías, tamén. Si. Xa sabe. 'Saldrán cuatro autocares de la empresa Perdiz'... 'Hermana política Eligia ausente en Australia'... E todo ese caldo galego underground e kabuki adobado coas pegañosas exhibicións de teclados dos 'Camel (pop repolo) e/ou as reviravoltas guitarreiras dos 'The Who (pop esgazado).
Uffffffffffffffffffffffff Estáballe saudoso, don Juan, e agora aínda me puxen peor...
Cos meus cumprimentos, saudoso don Juan.-Anonymousnoreply@blogger.com