
Non digo eu que o procedemento non sexa mesmo entretenido pero, coñecendo o país e o que as tradicións valen cando se enfrontan ao senso práctico das cousas, xa imaxinaba a un galego empatando catro metros de manga dende a billa para non ter que moverse da mesa e, con perdón e todo o respecto as venerabilísimas tradicións euskaldunas, nin txotx nin ostias.
Un dos patrimonios culturais que máis me engaiola de nós é a lóxica social, tan difícil de penetrar aos foráneos. Unha lóxica enchoupada de pragmatismo e acomodación ao medio e unha extraordinaria ausencia de inmobilismo (que, ollo, tamén ten as súas lecturas negativas). Así se explica o fantástico cartel que orna este post (na igrexa de Santa María a Real de Oia) e fronte ao que non me coubo outra cousa que exclamar: Claro. De pura lóxica. Como en todo o mundo. Para ver a igrexa hai que preguntar no estanco. E, pensei, para mercar unhas farias falar co cura.
Sí, sí, moita tradición sidreira basca e moito tal, pero pregúntelle vostede ós de Chantada quén lles compra as súas mazás. E a fín de contas, as súas sidrerías non son outra cousa que furanchos sofisticados.
ResponderEliminarEu sempre conto a historia, recollida dun profesor da ETSEI de Vigo (perdoe se fose repetida), dun señor de Betanzos, que apenas sabía ler e escribir, que entrou nunha importante factoría alemana de barrendeiro e acabou deseñando sistemas de máquinas. Todo empezou un día que o puxeron a ter conta dunha máquina, e él, qu de andar coa escoba coñecía a todo o mundo, pediulle ós utilleiros que fixesen isto e aquilo, hasta que conseguiu que a susdita traballase sola, mentres miraba para ela dende unha silla. Seica ó xermánico encargado non lle sentara ben a cousa (xa se sabe que os alemáns non lles vai moito o de sairse do esquema) e púxolle outra máis para que levantase o cú. O betanceiro, seica, chegou a ter catro máquinas ó seu cargo, e as catro atendía dende a súa silla, tirando dunha palanca ou do que fose.
ResponderEliminarÉ unha terrible bágoa, que nunca fósemos quen de aproveitar esa capacidade de solución que nos deron tantos séculos de miseria de xeito racional e ordenado.