
A fantasmagoría melódica de Schulze acáelle que nin anel ao dedo á idea, poética por desprovista de todo consolo, dun planeta baldeiro. As cidades, as fábricas, os zoolóxicos, os parques, os vales e montañas, as urbanizacións e aldeas, os barrios, os bancos das alamedas, as estradas e rúas, as universidades e escolas, os paseos e avenidas... Ruínas, unha inifinita soidade e ilimitada devastación.
Polo visto, tense calculado cantos meses durarían funcionando soas as centrais eléctricas ata o fallo total, que induciría sinerxias ignotas; canto tempo transcorriría ata que as estradas e autoestradas fosen devoradas polo mato. As ratas, que de costume son consideradas especie invencible pola súa impresionante capacidade de adaptación á adversidade, perecerían en brevísimo prazo, a punto tal dependen do lixo e os desperdicios humanos. Só os cans de fociño máis afiado (loxicamente mellor adaptados á caza, a súa actividade xerminal) sobrevivirían; en todo tipo de instalacións humanas abandonadas (fábricas, edificios) crearíanse novos ecosistemas con formas ata o momento descoñecidas de simbioses entre especies animais e vexetais.
Ollo pola fiestra. Mentres o inquietante monotono de Schulze, entre ventos e furias, vai rematando, o val da Amaía amósase vizoso, esplendente, fermosísimo neste solpor estival. Vaise atenuando a luz e nacen fías de brétema. As calvas do verdor de bosques e fragas están cheas de casiñas nas que habitan as penas e glorias, as miserias e as grandezas, as risas e os choros dos homes. Hai momentos de infinita levedade -falsa, perigosa- en que un sinte unha especie de amor global, de universal sentimento de afecto pola nosa propia condición.
El non será unha maldición pensar?
Eu escoitara nunha ocasión que se desapareceran tódalas ratas de repente, as cloacas tupiríanse en cuestión de horas. Falaran tamén da cantidade da basura orgánica que procesaban (comían e cagaban, claro) e dos efectos que causaría toda esa basura en estado de putrefacción durante días, semanas, meses.
ResponderEliminarParece que todos dependemos de todos. É un feito.
El milenarismo va a llegaaaaaaarrrrr...
ResponderEliminarUn pequeno agasallo, tardío.
ResponderEliminarVinilo?
ResponderEliminarGrazas polo agasallo, Zimmermann.
ResponderEliminarVinilo? Si, vinilo: disco de plástico con microsurco, vulgo single (45 rpm) o elepé (33 rpm).
Dicíallo por que nestas feiras qde discos, cassetes e Cd´s de segunda mán -non copias ilegais- que de cando en vez se anuncian polas nosas cidades, teño visto a precios irrisorios Cd´s, que son regrabacións dixitais desos alemáns e do seu "cantante" e demáis sinfónicos que en el mundo han sido, Yes, Jarre, Vangelis, etc.
ResponderEliminar