5.12.08

500 fragmentos

Este post fai o número 500 dos publicados nesta bitácora. Alá vai unha morea de historias, lembranzas, narracións, noticias, curiosidades, cabreos, dúbidas, nostalxias, rexoubas, intuicións, pensamentos, opinións, contos e pareceres. O que comezou vai para tres anos coma un experimento de non se sabía qué (supoño que como a maior parte dos blogs), foi consolidándose -consolidándose cando menos para min- coma un espazo de creación e reflexión que, como o fillo que é, dá unha guerra de cojones pero se lle quere moito; un espazo de creación e reflexión que, nesta altura, levaría morto moito tempo de non ser polo afecto e alento de cada visita, de cada comentario, de cada achega de todos os benévolos visitantes deste local.
A miña palabra de hoxe é, simplemente, grazas. E adiante.

7 comentarios:

  1. Anónimo5:33 a. m.

    Veña, oh! Gracias a ti.
    Oes, podías facer unha escolma, así en plan serie, dos mellores postes. E que eu teño rido tanto aquí coas túas historias...

    ResponderEliminar
  2. Anónimo7:00 a. m.

    Moitos parabéns e que cumpra outros cincocentos máis.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Eu parabenizo tamén coma o Medela. 500 fragmentos máis da galaxia.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo1:38 a. m.

    Quieto aí. Morto moito tempo? Adoro e preciso os cambios de humor e de ton de Fragmentos! A arte do cabreo, a arte de coller un libro entre as mans, a arte de rirmos, a arte de mirar.

    Se morrer é un cambio de humores, acepto ese órdago. En caso contrario, a estes 500 fáltanlle algúns cerotes máis, meu.

    Reproduzo a palabra de paso que me esixe blogger: apeptars.
    Iso, compañeiro, apeptars e beizóns.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo4:25 a. m.

    mis felicidades, juan, mi blog para mí es fuente continua de satisfacción

    s

    ResponderEliminar
  6. ¿cincocentos? pois fixéronseme cortísimos. Haberá que chegar a cinco mil polo menos! Non podo concordar coa miña palabra de verificación "las(vi)", mais poño todo o meu empeño.

    ResponderEliminar
  7. Que queren que lles diga? Como o meu queridísimo Bilbo, na súa festa de despedida:
    -Cincocentos posts son poucos para telos publicado arrodeado de tan excelentes bloggers. Non coñezo á metade de vostedes nin a metade do que querería e o que querería é menos da metade do que a metade de vostedes merece.
    De novo, grazas.

    ResponderEliminar