Un spa de luxo para as nosas mentes preguiceiras e entumecidas pola profusión de discursos tan pobres e monocordes que adoitan publicarse nos medios convencionais.
Iso pensa a miña culta e sensible colega blogger Ana Bande desta bitácora. Brillante metáfora dun blog, con independencia da aplicación concreta a estas miñas indefensas páxinas. A verdade é que se trata, en calquera caso, dun spa con ben pouca mentalidade empresarial e, de certo, permanentemente a piques de peche pola súa escasa rendabilidade… Aí estamos. Haberá que pensar en ofertas de fin de semana e circuítos termais?
O alento necesario. Fondamente obrigado, Ana.
Ja...benvido ao clube jarviqueiteliano (os erros da ortografía teñen, evidentemente, un sentido críptico). Próximamente vaise celebrar un ritual iniciático do que xa falaremos "comme il faut". ¡apertas! e benvido. O agradecemento e os adxectivos que me agasalla sonlle moi ben recibidos, son sinceira, góstame que me queiran ben.
ResponderEliminarHome, Juan Luis, non estará pensando en pechar o chiringuito... Xa sei que ten que ser duro -e ás veces non moi gratificante- pensar un texto e logo escribilo, e facelo ademais cunha certa continuidade. Mais ten lectores atentos e agradecidos. En todo caso, espacie, se quere, un pouco máis as entradas, pero non peche o garito.
ResponderEliminarUnha aperta.
Fico á espera entón, Ana, do ritual iniciático. Agardo que sexa unha cousa normalita e non inclúa prácticas SM e cousas raras, pois un é máis ben tradicional... Os adxectivos cos que te agasallo son sinceiros e ben merecidos.
ResponderEliminarApi: de novo fondamente obrigado polos azos. Só con telo a vostede de lector e contertulio daríame por satisfeito e pagaria a pena non pechar o balneario. Apertas.
Grazas polas súas palabras, abondo esaxeradas e que só se explican pola súa xenerosidade.
ResponderEliminarApertas.
Non, non, Api. De esaxeradas nada. Nunha blog (na vida, creo, en xeral) o de menos é a cantidade. O que importa é a calidade.
ResponderEliminarApertas.
Xa sabe aquel dito de Woody Allen sobre a cantidade e a calidade.
ResponderEliminarApi, desculpe, pero non coñezo o dito do gran Woody.
ResponderEliminar