10.3.08

Me llamo Josep Lluis!

Entre outras moitas valoracións, estimacións, opinións, argumentos, matices, extrapolacións, conclusións, criterios, e previsións, celebro comprobar que non hai chulería que quede impune.

10 comentarios:

  1. Anónimo5:01 a. m.

    Viña corre que te corre, ver cal era o seu post post. Non hai como saber ser sintéticos, carajo!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo5:03 a. m.

    Para min a imaxe da xornada foi a de Llamazares saíndo da sede de IU. Que inxusto trato lle deu a democracia deste país!!!! Mágoa, seguro que tería feito grandes cousas.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo5:09 a. m.

    Esquerra pagou polo que fixo. E eu celébroo. Se somos todos un pouco intelixentes, hai moito sobre o que reflexionar:
    -O fracaso dos partidos nacionalistas.
    -A inxusta bipolarización da política española
    -Que IU vaia ao tacho mentres Rosa Díez, metade de todo, metade de nada, saque un deputado á primeira, arrabañando os votos indecisos duns e doutros. Eso de "trabajaré por la unidad de España" soa rarecho...

    Coidadiño, coidadiño, ZP, que un millón de votos non é nada. Segunda oportunidade, sen sombra do 11 M, a ver agora a que se agarran os do PP.
    En calquera caso, hai que confiar, creo.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo8:10 a. m.

    Home, Carod é un pouco chuleta, pero creo que tiña razón con esixir que o chamasen polo seu nome.

    Pero non me dirá que para chulos-chulos (e bastantes máis cousas), Aznar, Zaplana e Acebes. Ou non?

    ResponderEliminar
  5. Anónimo8:39 a. m.

    O desastre electoral de Esquerra, igual que o de IU, cheira bastante a voto útil da esquerda. Dubido que un independentista catalán castigue a Carod precisamente por esixir que o chamen polo seu nome. A Lamazares pasoulle o que a Carrillo no ano 82. Ou moito me equivoco ou acaban todos no PSOE. A consecuencia máis interesante das eleccións vai ser a limpeza que se debería de producir no PP. Polo de pronto, non me gustaría estar na pel de Acebes ou Zaplana.

    ResponderEliminar
  6. A esixencia de Carod a ser chamado polo seu nome (polo seu nome en catalán) era de base ideolóxica, cando a incapacidade do interpelado era de base mecánico-fonética. De aí a chulería. No programa no que se produciu o incidente, me gustaría ter sido sueco ou alemán e esixir a Carod que me chamase, en correcto sueco ou alemán, Øystein ou Wolfgang Dietrich.
    Verbo da débacle de "tsunami" Llamazares, a -xusta ou inxusta- consolidación bipardista a custa de nacionalismos de pouco pelo (CIU e PNV, coa gran burguesía catalá e vasca detrás son, claro, outra cousa), a utilidade do voto (declaro, por certo, que o meu foi inútil: plumero, plumero...), o futuro imperfecto do PP con que non se sacuda a vella troika, e demais valoracións, estimacións, opinións, argumentos, matices, extrapolacións, conclusións, criterios, e previsións, agradezo os puntos de vista e comentarios. Este local é, como o chef que o rexenta, plural; singular, pero plural.
    By the way, falando de xustizas e inxustizas e do sistema de representación territorial, lembremos un dato:
    BNG:votos 208.688; escanos 2.
    IU: votos 963.040; escanos 2.
    Hay que joderse.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo11:05 a. m.

    Pois iso, inxusto.
    Dubido que a plana maior de IU, acabe no PSOE.
    O do voto útil é unha putada, pero ao final,unha maioría acabamos obedecendo ao impulso na cabiniña das papeletas, non vaia ser que mañá Acebes sexa ministro de defensa en nos líe a invadir países. Ese sería só algún dos moitos males.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo11:17 a. m.

    Creo lembrar ben aquel programa no que Carod perdeu os papeis. A incapacidade fonética, se a había (tamén se podían dirixir a el como sr. Carod, que o pronuncia calquera)non era superior á mala idea coa que os interpelantes enfatizaban o J de José e o L de Luís. Víase ben ás claras que tataban de provocalo e abofé que picou coma un peixe. Entre Carod e os do público non sabería dicir cales me parecen menos de fiar.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  9. Anónimo3:41 p. m.

    Estou de acordo con M. Diéguez.

    A "incapacidade" da señora non era tanto "de base mecánico-fonética" como incapacidade ideolóxica para aceptar que un se poida chamar tranquilamente en catalán (que para un español normal non debería ser igual que o sueco ou alemán, amigo Juan Luis, non faga trampa nisto).

    Certo que Carod foi un pouco brusco de máis, pero a insistencia da señora en dicilo en castelán (detrás esa idea: estamos en España y aquí se habla español!) tampouco é de recibo. Podía, en efecto, chamarlle señor Carod, que sería o máis correcto e educado.

    En fin, que hai de todo en botica. En todas as boticas, amigo Juan Luis, en todas as boticas.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo2:12 a. m.

    Aínda o grave é comprobar como o que se destaca nos titulares do día despois é o de "Me llamo Josep LLuís" ou "Un café vale 80 céntimos". Agás para o caso de "la niña de Rajoy", que esa si que foi boa. E como non son quen de rectificar, de deixar en paz á rapaza, que agora nin se chama Victoria nin Esperanza, erre que erre coa nena feliz, porque vive nunha España grande y libre, porque ten un papá e unha mamá, que a levan a misa os domingos, os dous nativos españois, sen antecedente foráneo ningún que os estigmatice, de boa familia, con casa na Castellana, y más otra en la playa, dous coches, vacacións a todo trapo, colexio privado relixioso para a cativa, etc, etc. Ese é español para o que vai gobernar o PP, e así, para familias "como dios manda", con petos ben cheos e traballo garantido, non fai falta ocuparse da lei de dependencia, da de violencia de xénero, da de matrimonios gais, nin do desemprego, da suba dos impostos, nin de nada. Ese é o país feliz que nos prometen, onde teñamos todo o necesario. E quen nolo vai dar?

    ResponderEliminar