8.1.08

Ortopolítica ou Politografía?

Estamos editando un texto, dentro da nosa colección de Manuais Universitarios, que se chama Física del estado sólido. Pensando no valor e trascendencia da diferenciación entre minúsculas e maiúsculas —que dá, mesmo, para sesudos e proveitosos prontuarios—, ocórreseme que, de mudar a caixa baixa en alta na palabra estado, e así, Física del Estado sólido, o libro podería semellar un tratado argumental contra os requirimentos e esixencias nacionalistas, que se me antolla moi na liña de certo ex-presidente autonómico (e mesmo nacional). Ai, que cousas ten dona Ortografía!

3 comentarios:

  1. Anónimo7:20 a. m.

    A min gústame máis Física do Estado Gasoso despois de pasar polo Estado Líquido.

    ResponderEliminar
  2. Algo así como España en spray? Difícil facer volátiles certos elementos...

    ResponderEliminar
  3. Anónimo4:23 a. m.

    É que a min unha España sólida (isto é, entendida como macizo de la raza) non me gusta nada. Prefiro unha España light, onde collamos todos a gusto.

    ResponderEliminar