9.10.07

Márquetin oculto?















Cartel colgado profusamente nas paredes da Facultat de ¡¡Filologia!! da Universitat de Barcelona. Será o redactor do texto de Baños de Molgas? de Escairón? da Estrada?
By the way, lembro con tristura, cando en segundo de carreira me chantaron o primeiro (e creo que único) suspenso da carreira (en Latín). O día que fun recoller o veredicto de setembro, á vella Facultade de Filoloxía en Mazarelos, o conserxe cubrira as papeletas cun folio no que podía lerse con fermosa letra de pendolista: Ensamenes de septiembre.
Imaxe tomada vía Invasió subtil.


6 comentarios:

  1. Anónimo1:26 p. m.

    Que tempos!

    ResponderEliminar
  2. Manoliño querido:

    Sabía que o ías lembrar.
    O tempora, o mores!
    Senatus quae malos olores.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3:32 a. m.

    Només un aclariment sense major importància: la Facultat en qüestió és la de València.
    Salutacions.

    ResponderEliminar
  4. Pere:

    Grazas pola aclaración e a visita. Cordiais saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo2:36 p. m.

    Agora, nalgunhas universidades galegas, non se poden publicar no taboleiro as notas dos alumnos sen o expreso consentimento deles. Seica é para protexer a súa intimidade, coitados.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. A isto temos chegado, en efecto, amigo Apicultor. Eu o que vexo é moita mariconada de dios, sen ánimo de faltar a ninguén. Persoalmente, creo lembrar que cando eran de exposición pública, á parte as miñas claro, só miraba as notas dos meus amigos máis próximos. Non sei en que carallo atenta contra a intimidade que os compañeiros de estudos saiban que se suspendeu o latín ou a introdución á hermenéutica.

    ResponderEliminar