
Na España de Franco había unha oposición de baixa intensidade e raizame popular, baseada en chistes malos sobre su Excelencia. Aquilo de que cando visitaba Marín lle berraban Marín con Franco! Marín con Franco! ou aquiloutro de que se a filla casara con Tom Jones o neto había chamarse Paco Jones Franco, e moitos máis que o respetable lembrará. Nesta liña, de certo que moitos lectores recordarán o texto galego, escatolóxico, irreverente, absurdo e inofensivo- e que se perpetúa, polo visto, xeración tras xeración (os meus fillos sábeno á perfección e lles causa a mesma risa ca a min cando tiña a súa idade)-, aplicado á música do himno nacional:
Chinda, chinda,
as cachas de Dorinda
postas a ferver
e pronto Lucifer
comeulle nas merdas
que tiña na cu
parabará, bará
parabará, barú.
Non o enviarei o envío ao concurso, ou? Case seguro que non lles gusta.
Nesa angueira de poñerlle letra ao chinda chinda anda empeñado, máis do que o ZP, e de xeito especialmente patético, o noso paisano Rajoy. Na miña opinión, o que cómpre non é unha letra para que poidan cantar o himno os futbolistas da nosa selección, senón, dado o balance de vitorias e o talante do adestrador, disolver automaticamente a federación e o equipo.
ResponderEliminarPor certo, entoar polo baixo a versión local do himno que Xoán Luís nos devolve á memoria custoulle a máis de un unha boa hostia nas clases do inefable profesor de FEN que evocaba o autor desta bitácora hai uns días.
Un saúdo
Pois eu, se mandara vostede esta proposta, estou segura de que o "Comité de sabios" -ai, que resobada denominación para tan pouca cousa case sempre- repararía nela.
ResponderEliminarNa miña época tamén se cantaba aquelo de:
Franco, Franco
que tiene el culo blanco
porque su mujer
lo lava con Ariel...
E todos a rir.
Eu estou agardando, porque calquera resultado vai ser terrible.Penso, vaia..Difícil superar os versos de Pemán!!! (como se indica a intención irónica na escrita? Ha sabelo vostede).
É que eu non lle son moito de himnos nin bandeiras, que lle vou facer!
Sendo eu neno escoiteille unha vez a un amigo do Valadouro:
ResponderEliminarChinda, cachinda
as cachas de Florinda
postas a cocer
que ricas van saber
(bis)
Grazas, amigos (Manolo, Miguel, Anónimo/a) polos comentarios e variantes, que eu coñecía tamén. En efecto, falando do "grande sucesso" da nosa ínclita selección, concordo con Manolo en crear un himno "disolutivo" ou "disolvente".
ResponderEliminarA máis de un, claro que sí, custoulle unha ostia entoar o chinda chinda perante don Luís Carmelo.
O tempora, o mores! (xa sabes cómo segue, Manolo). Apertas.