Pois si. Qué quere que lle diga. Aí, máis ou menos, vivimos todos. Que non? No mellor dos casos en non máis de cinco minutos andando desde o lugar máis bonito, turístico, espectacular e/ou pijo das nosas vilas atoparemos polo menos un sitio coma estes.
Notas de contexto: 1) Bertamiráns (Ames), exemplo de desenvolvemento urbanístico da Galicia contemporánea. 2) No chabolo non vive ninguén. O can está atado desde anos. Xa non ladra.
Xa hai tempo que veño comprobando neste blog unha inclinación pola fotografía herdada seguramente dunha persoa á que apreciei moito en vida e sigo a apreciar na memoria. A imaxe dese can que algún desaprensivo ou simplemente desparecido esqueceu de ceibar, mais que algunha man compasiva terá que manter, é un documento poético de primeira; parafraseando a Celso Emilio, "meu vello can de palleiro, abandoado da sorte". Que veñan máis e unha aperta.
Non podes imaxinar, Manolo, a mágoa que sinto do animal. Era un cachorro de husky precioso, cheo de vida, alegre. Agora xa nin ten azos para ladrar. O malo é que nesta merda de país non hai nada que facer para denunciar unha situación así e que se lle poña remedio. A miña intención é publicar un fermoso álbum de imaxes, como as dúas publicadas, desta terra meiga, desta terra de ensoño, deste máxico recanto céltico cantado polo bardo e a chorona de Padrón. En fin. Un saúdo.
Pois si. Qué quere que lle diga. Aí, máis ou menos, vivimos todos. Que non? No mellor dos casos en non máis de cinco minutos andando desde o lugar máis bonito, turístico, espectacular e/ou pijo das nosas vilas atoparemos polo menos un sitio coma estes.
ResponderEliminarNotas de contexto:
ResponderEliminar1) Bertamiráns (Ames), exemplo de desenvolvemento urbanístico da Galicia contemporánea.
2) No chabolo non vive ninguén. O can está atado desde anos. Xa non ladra.
Xa hai tempo que veño comprobando neste blog unha inclinación pola fotografía herdada seguramente dunha persoa á que apreciei moito en vida e sigo a apreciar na memoria. A imaxe dese can que algún desaprensivo ou simplemente desparecido esqueceu de ceibar, mais que algunha man compasiva terá que manter, é un documento poético de primeira; parafraseando a Celso Emilio, "meu vello can de palleiro, abandoado da sorte". Que veñan máis e unha aperta.
ResponderEliminarNon podes imaxinar, Manolo, a mágoa que sinto do animal. Era un cachorro de husky precioso, cheo de vida, alegre. Agora xa nin ten azos para ladrar.
ResponderEliminarO malo é que nesta merda de país non hai nada que facer para denunciar unha situación así e que se lle poña remedio.
A miña intención é publicar un fermoso álbum de imaxes, como as dúas publicadas, desta terra meiga, desta terra de ensoño, deste máxico recanto céltico cantado polo bardo e a chorona de Padrón. En fin.
Un saúdo.