1.9.06

Síndromes


Persoalmente non padezo moito esa nova patoloxía das emocións que se coñece como síndrome post-vacacional e creo que as súas vítimas deberan reformularse algunhas cousas relativas á súa existencia. Porque, se voltar á vida que facemos durante once de cada doce meses resulta deprimente, entón é que é a nosa vida a que é deprimente e as vacacións unha sorte de oase de frescor nun ermo escuro. O certo é que o estado do benestar no que vivimos (que non é máis ca un eufemismo de “estado de sobreabundancia”) non só non leva acompasada unha mellora do estatus psicoemocional dos cidadáns senón que mesmo estimula o seu empeoramento.
A isto contribúen de xeito senlleiro os media, especialmente, como non, a televisión. Agora toca volta ao cole, créditos persoais exprés e fascículos e coleccionables. Eu paso. Vivimos dirixidos. Dá noxo.

2 comentarios:

  1. Anónimo8:40 a. m.

    "Eu paso." "E da noxo." Son cousas que decide cada un. "Vivimos dirixidos" tamén.

    ResponderEliminar
  2. Por suposto que son cousas que decide cada un e que un só vive dirixido na medida en que se deixe dirixir. Eu só manifesto o meu persoal punto de vista e a percepción de que a "caixa tonta" marca fitos estacionais, establecenfo o que "toca" mercar en cada momento do ano.
    Obrigado á súa visita e a súa opinión.

    ResponderEliminar