15.11.05

Acceso á e-aula do Máster en Edición


As alumnas e alumnos do Máster en Edición 2004-2006 da USC-Xunta de Galicia xa teñen habilitado o seu acceso á e-aula do Máster. Só hai que introducir o nome de usuario e contrasinal proporcionado a cada un polo Centro de Tecnoloxías da Aprendizaxe (CeTA). En moi breve prazo estará habilitado o acceso para os alumnos actuais do Máster (2005-2007).

4 comentarios:

  1. Anónimo9:01 a. m.

    Pois paréceme moi ben que os alumnnos do máster 2004-6 poidamos seguir en contacto a través da e-aula. Parabéns por habilitala novamente!

    ResponderEliminar
  2. Raquel:

    Obrigado por teres deixado o post. Supoño que un mal común dos "blogueiros" é sentírmonos tan sos... Polo demais, a ver se activamos a e-aula entre todos.
    By the way, como vai o teu traballo finde (máster)?

    ResponderEliminar
  3. Anónimo12:59 p. m.

    Concordo plenamente con Raquel. Mágoa que aínda haxa tan poucas persoas rexistradas...
    Por certo, ¡parabéns polo blog!

    ResponderEliminar
  4. Cristina:

    Obrigado aos teus parabéns.
    Activarmos a e-aula é algo que depende de todos. A min un tema que me ten moi obsesionado é o problema da lectura e como fomentala. Vou crear un foro específico sobre este tema -coma o do ano pasado, que funcionou bastante ben.
    Agardo achegas! Saúdos.

    ResponderEliminar